O día a día dunha compañía de teatro
O Centro Dramático Galego estreou o pasado 20 de outubro, baixo a dirección de Cristina Domínguez, “O regreso ao deserto” a derradeira obra de Bernard- Marie Koltés. O autor fránces, desaparecido precozmente aos 41 anos, estreou a obra en París, no ano 1988 un antes de morrer. Antes de “O regreso ao deserto” Koltés escribiu outros catro textos teatrais:
Finalmente en 1988 presenta “O regreso ao deserto”.
O teatro de Koltés destaca internacionalmente aos poucos anos por dereito propio. Os seus textos fuxen das solucións convencionais, do efectismo e da falsedade; instalándose nos espazos límite, na neutralidade que reaparece cando o espazo se limpa do baño edulcorado dos sentimentos.
“ Non é que eu queira ignorar a afectividade, senón que a afectividade tamén existe no comercio. Nunca me gustaron as historias de amor. Casi non din nada- di Koltés-… Cando se quere contar unha historia máis precisa hai que buscar
outros camiños. Creo que o deal é un medio sublime.”
Na primeira páxina de “A soedade dos campos de algodón” explícase o significado de deal. Este é o termo que recolle a súa mirada, mirada que abranxe as relacións persoais e a sociedade , é a lóxica propia do seu universo. As súas personaxes están dotadas dunha consistencia brutal e a palabra é unha das causantes disto; cómo falan e o que se din abruma e sobrecolle porque as súas palabras atravesan lugares escuros, cercados e inmensos onde as personaxes están expostas ao que poida pasar, á intemperie. Espéranse uns aos outros e cando se atopan a tensión aflora. Esa tensión é a “canle natural” por onde flúen as relacións, relacións asentadas no tráfico e no comercio clandestino que limitan entre o salvaxe e a civilización.
Os espazos son territorios desolados, despoxados da súa utilidade inicial, urbanos, desnortados e nocturnos ( “O regreso ao deserto” é o único texto que non cumpre estas características, a acción desenrólase no interior dunha casa e á luz do día); aínda así en tódolos espazos, e en “O regreso ao deserto” tamén, existe unha orde propia, unhas razóns singulares que desencadean a acción. Unha atmosfera escura envolve ás personaxes que parecen estar a piques de ferir e ser feridos. Koltés seduce coma a adrenalina antes da caída.
Deixemos a Koltés falar por si só, este é un fragmento de “A Soedade dos campos de algodón”:
“O dealer
Se camiña pola rúa, a esta hora e neste lugar, é porque desexa algo que non ten, e ese algo, eu, podo proporcionarllo; xa que se estou neste sitio dende hai máis tempo que vostede e por máis tempo que vostede, e se non fuxo de aquí pese a ser esta a hora das relacións salvaxes entre homes e animais, é porque teño o que fai falla para satisfacer o desexo que pasa diante miña e é como un peso que debo quitarme de enriba a costa de calquera home ou animal que pase diante miña”.
14 de Decembro. Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo.
NUT TEATRO é unha compañía de teatro galega e contemporánea que, baseándose na formación común, no proceso realizado por cada integrante e nun discurso centrado nos debates artísticos actuais, abandona os códigos vellos para traballar dende/na contemporaneidade.