Hoxe temos unha excelente noticia en NUT TEATRO. Por primeira vez na pequena historia da compañía participaremos nun Festival. E que Festival, nin máis nin menos que o Festival Escena Contemporánea de Madrid. Hoxe pola mañá tivemos a sorte de recibir a chamada do director Roberto Cerdá, que confirmaba a nosa presenza nun dos festivais internacionais máis importantes na actualidade. Para nos hoxe é un día histórico. A falla da firma do contrato, estaremos na sala El Canto de la Cabra os días 31 de xaneiro, 1,2 e 3 de febreiro do 2008.

Esta tarde NUT TEATRO desenvolveu na transitada rúa Principe de Vigo unha acción de promoción do seu espectáculo “Corpos Disidentes”. Este tipo de accións promocionais buscan animar e dinamizar á xente a acudir aos teatros e non deixar indiferente a ningún paseante. Deste xeito queremos convidar a todas as persoas a acudir mañá pola tarde ás 20.00 horas, ao Centro Cultural Caixanova de Vigo á presentación de Corpos Disidentes.

Aínda que nun primeiro momento estábamos un pouco á expectativa da reacción do público, rapidamente varias decenas de persoas se convocaron ao noso redor, e cun respecto abraiante viron o desenvolvemento da acción que durou máis de 30 minutos.

Esta semana que entra NUT TEATRO presenta Corpos Disidentes, tres días seguidos en tres provincias galegas. O xoves, día 8 e como homenaxe no día da muller, NUT desplazarase a Ribadeo onde terá lugar ás 20:30 horas, a función no Auditorio Municipal Hernán Naval.

O día seguinte, venres 9 de marzo, ás 22:30 horas o escenario agardanos no Auditorio Municipal do Carballiño.

Para finarlizar esta minixira, o sábado 10 de marzo, ás 20:30 horas, estaremos no Forúm Metropolitano da cidade herculina.

O mércores 21 de febreiro foi outro día histórico para NUT TEATRO. Outro día no que os centos de horas de ensaio, toman a maioría de idade e suben ao escenario para o público. “4.48 Psicose” tórnase en realidade.

No espazo da Nasa, a quen agradecemos a súa confianza, cubriuse o aforo total da sala, de 80 espectadores.

Rolda de prensa de Nut Teatro

O xoves ás 12.30 horas presentouse na Casa do Concello, a Zoona Alternativa que organiza a sala Nasa. Como NUT TEATRO foi quen abriu esta cita cultural, estivemos presentes na rolda de prensa, explicando o proceso de posta en escena da obra de Kane.

O concelleiro de cultura, Néstor Rego, resaltou a boa saúde da cidade nas Artes Escénicas e referiuse á nosa compañía coma unha referencia. Xesús Ron explicou polo muido as citas de danza, música, teatro e performance que han de ter lugar na Nasa durante todo o mes que entra. Un programa completo de propostas escénicas de vangarda, interesante, innovador, e de grande calidade que desde aquí vos recomendamos.

Ligazóns relacionadas:

4.48 Psicose: segunda montaxe

19 Feb 2007 En: 4.48 Psicose, Estreas

4.48 Psicose

Pouco máis dun mes despois da estrea no Teatro Principal de Compostela, da nosa primeira montaxe “Corpos disidentes”, ve a luz a segunda montaxe da compañía, “4.48 psicose”. Neste caso, a estrea terá lugar na Sala Nasa, e prolongarase con varias funcións toda esta semana.

O carácter novidoso ven marcado tanto pola elección da autora, cuxos textos se presentan por primeira vez en galego, coma pola proposta escénica, que caracterízase por tratala esencia do texto sen ornamentos nen engadidos.

NUT TEATRO abre a Zoona Alternativa, que levará a Sala Nasa espectáculos contemporáneos de teatro, danza e música até finais do mes de marzo.

O horario das funcións de “4.48 Psicose” é: mércores, xoves, venres e sábado, ás 22.00 horas; domingo ás 20.30 horas.

Actuación en Viveiro

5 Feb 2007 En: Corpos Disidentes

O pasado sábado día 3, ás 20:30 horas, NUT TEATRO presentou “Corpos disidentes” en Viveiro. Deste xeito, iniciamos a xira de actuacións dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios, pertencentes ao primeiro semestre do ano, e por primeira vez na pequena historia da compañía saímos de Compostela cun espectáculo.

A presentación levouse a cabo no acolledor teatro Pastor Díaz. O relevo de Andrea, que arestora está realizando estudos de especialización nunha Universidade holandesa, por Arantxa foi a nota máis destacada na escena, que polo resto transcorreu con absoluta normalidade.

Presentación da estrea

11 Jan 2007 En: Estreas, Roldas de prensa

Foto da Rolda de Prensa de Nut

Esta mañá presentamos en rolda de prensa a que será a estrea de Corpos Disidentes no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Na súa intervención, o concelleiro de Cultura, Néstor Rego, resaltou a importancia da aparición dunha nova compañía de teatro contemporáneo en Compostela.Pola nosa parte, demos conta das liñas básicas do espectáculo que se estreará mañá.

Oito actuacións no noso comezo

11 Dec 2006 En: Boas novas

A semana pasada recibemos a confirmación do IGAEM. Un total de sete concellos contrataron a “Corpos disidentes” dentro da refundida programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA), para o primeiro semestre do ano 2007.

A estréa do espectáculo e da compañía ao público será o vindeiro día 12 de xaneiro no teatro principal de Compostela. O seguinte día terá lugar outra actuación no mesmo escenario, e a partir de alí, faremos escala en lugares coma Viveiro, Lugo, Cee, Ribadedo, O Carballiño, e A Coruña.

A valoración que fai a compañía desta primeira participación na RGTA é moi boa. A pesares de que non iniciamos a nosa andaina de xeito regular, e do pouco coñecemento que os concellos tiñan de nós, a nosa proposta foi quen de convencer a sete concellos e sete programadores para que arriscaran e incluiran nas súas programacións outras opcións teatrais. Desde aquí, o noso agradecemento a todos eles.

O pasado domingo 26 de novembro, foi presentada en sociedade a revista dixital do pub decano de Galiza, o compostelán modus vivendi.

MOVE é unha publicación de carácter cultural e independente. Os contidos aparecen estruturados en seccións coma música, literatura, teatro, audiovisuais, arte e opinión, e conta cunha chea de colaboracións de interese.

No seu primeiro número podedes atopar unha entrevista coa actriz da nosa compañía, Xiana López, que mantivo unha conversa sobre a situación xeral do teatro en Galiza e os seus novos proxectos personais que están á volta da esquina.

Aquí podes ler a entrevista completa

NUT posicionase na Internet

21 Nov 2006 En: Nut na rede

Aínda que é recente o comezo da andaina cibernética da nosa compañía, NUT TEATRO xa empeza a atoparse con facilidade na Web. Desde os principais buscadores (yahoo, google, altavista, etc.) NUT ten un aceso directo sinxelo, ocupando as primeiras posicións.

A maiores diso, institucións coma IGAEM ou portais de relevancia internacional coma artezblai xa se fan eco da páxina web oficial e do blog da nosa compañía.

Seguimos traballando arreo para que a visibilidade de NUT sexa maior, e a nosa imaxe común na Internet.

Sobre este blog

NUT TEATRO é unha compañía de teatro galega e contemporánea que, baseándose na formación común, no proceso realizado por cada integrante e nun discurso centrado nos debates artísticos actuais, abandona os códigos vellos para traballar dende/na contemporaneidade.

Flickr

    flickrRSS probably needs to be setup