A Mirada de Pier volve do Brasil

27 Nov 2008 En: Sin categoria

O primeiro: saudade.

Despois, moitas ganas de traballar para poder voltar pronto.

Os nut pasamos uns días inolvidables no Carirí, ao noreste do Brasil.Tivemos a fortuna de poder participar na X MOSTRA SESC CARIRI DE CULTURA, unha mostra de artes escénicas, música, tradición oral, artes visuais, literatura, audiovisual…acontecida dende o 8 ao 15 de novembro en máis de 12 cidades da rexión do Ceará. Sen dúbida é un dos maiores festivais que se celebran no Brasil. Foi un pracer moi intenso para nós ficar todos eses días alá, coñecer tantas xentes do Brasil e de Portugal: A Barraca, A Piollín, Teatro Construçao, Teatro Independente, Grupo Físico de Teatro, Ricky, Andrea, Paula…moitos momentos, moitos nomes.
aaa-176-copia-copia.JPG
O estado do Ceará é unha das rexións máis pobres e esquecidas do Brasil, está lonxe do Río, de Bahía, de Sao Paulo…mais a acollida foi moi sorprendente para nós, tanto pola organización da mostra coma polo público. Moitas persoas achegáronse a nós días despois de presentar A mirada de Pier para nos felicitar e para agradecer a presencia na mostra dun espectáculo que fala así do desexo, da muller, da sexualidade, da identidade… pois no Brasil existen moitos tabúes ao respecto, aínda que nun principio poida parecer o contrario.
Algunhas persoas tapaban os ollos para non ver, case sempre mulleres, outras gustaron de ver todo, outras marcharon…coma en todas as partes do mundo hai reaccións para todo, e hai moitas batallas por conquistar.
A nosa está en marcha, imos para alá…
aaa-126-copia-copia.JPG

Na nosa viaxe houbo unha persoa moi especial coa que desexamos ter a fortuna de continuar viaxando: Diana.
Obrigados por todo o que fas por nós.

Hoxe pola mañá partimos cara a X Mostra Cariri da Cultura que se desenvolverá nas cidades de Crato, Juazeiro do Norte e Nova Olinda entre os días 8 e 15 de novembro. O evento está considerado como un dos máis importantes de todo o Brasil pola grande cantidade de compañías, produtoras, programadores e espectáculos que se darán cita.
NUT TEATRO presentará no Festival a “nova” Mirada de Pier que durante este verán mudou en relación a súa proposta artística da estrea, fai xa un ano. A primeira función terá lugar no Teatro SESC, o día 11 de novembro ás 22.00 horas na cidade de Crato, dentro do apartado Conexao Brasil, mentres que a segunda presentación levarase a cabo o día 15 de novembro dentro da sección OVERDOZE – 12 HORAS SIMULTÂNEAS E ININTERRUPTAS DE PROGRAMAÇÃO COMPOSTA PELOS NÚCLEOS.
Trala nosa xira portuguesa do FITEI, e as saídas a Escena Contemporánea e ao Centro de Arte Contemporáneo de Huarte, a viaxe ao Brasil pecha un ano positivo para a nosa compañía.

A proposta de “Wake Up” foi elexida para formar parte da nova tempada do Centro Dramático Galego que esta mañá presentouse oficialmente no Salón Teatro. Deste xeito @s nuts faremos a nosa primeira coprodución cunha entidade pública. Wake up, estrearase en maio de 2009 e tratará de reflexionar sobre o concepto de intimidade mediante o uso de novas teatralidades contemporáneas.

Nesta ligazón podes consultar o dossier da tempada do CDG.

Ler novas relacionadas:
Centro Dramático Galego.
La Voz de Galicia.
La Región.
Cultura Galega.
El País.

Se para a función de Corpos Disidentes, esgotamos os billetes dous días antes da presentación no TECA de Porto, no caso de 4,48 Psicose a espectación foi todavía máis importante. Cinco días antes da función, xa non había billetes á venta. A acollida do público da cidade de Porto aos nosos traballos foi realmente excelente. O noso primeiro FITEI xa é historia, mais nos queda un sabor excepcional na boca, que non imos a olvidar. O balance da nosa primeira xira portuguesa non pode ser mellor. Agradecemos desde aqui a confianza de Mario, e trato impresionante que nos brindaron Filipa, Teresa e Diana. Todos nos fixeron pensar que estabamos na casa. Muito obrigado.
Este é o reportaxe especial do Publico:

publico1.jpg

publico2.jpg

publico3.jpg

Desde onte pola tarde non quedan entradas a venda no teatro nacional Carlos Alberto de Porto para ver o espéctaculo “Corpos Disidentes” de NUT TEATRO. O teatro con capacidade para 280 espectadores encherase por completo. A expectación é máxima despois das críticas realizadas pola prensa do país irmán e da especial cobertura do periódico Público, que fixo unha grande reportaxe na edición do día 30 de maio. Tralo noso paso por Vila Real, onde tamén enchimos o teatro cun aforo de 180 espectadores, os espectadores de Porto esgotaron os billetes onte a última hora da tarde. Despois da actuación de onte en Aveiro, e a viaxe desta mañá até Porto, a compañía descansa e pasea pola beira do Douro, á espera da presentación de mañá, que será unha das máis importantes da historia desta pequena compañía compostelá.

Na edición galega de hoxe, o xornal El País, publica un pequeno reportaxe sobre a nosa compañía, no que pon de relevo a importancia da andaina portuguesa, que estes días NUT está a levar a cabo.
Aquí podedes consultar a reportaxe:

el-pais-30maio08.jpg

Na xornada de onte, NUT tivo unha impresionante acollida no teatro cine de Torre de Moncorvo, onde levou a escena 4.48 Psicose. O director do teatro destacou o “absoluto rigor profesional” e a “intensidade dramática” do espectáculo, e afirmou que fóra un dos mellores espectáculos que vira no seu teatro nos últimos anos.
Hoxe cambiamos de rexistro e de escenario. Hoxe Vila Real ás 22.00 horas. Hoxe a estrea de “Corpos Disidentes” en Portugal.

NUT chega ao FITEI

27 May 2008 En: Festivais de teatro

O Festival Internacional de Teatro de Expresao Ibérica de Porto FITEI, abre mañá a súa 31ª edición. Este ano o festival, que ten unha duración de 12 días, contará no seu programa cun total de 24 espectáculos de 15 compañías.
NUT comezará a súa traxectoria no FITEI mañá na localidade de Torre de Moncorvo, onde ás 21.30 horas presentará 4.48 Psicose no Cine Teatro. O día 30 xa en Vila Real, NUT estreará tamén en Portugal Corpos Disidentes, ás 22.00 horas no Teatro Municipal. Ao día seguinte, o 31 de maio os nosos Corpos Disidentes volverán a tomar o escenario de Aveiro, e no Teatro Aveirense ás 21.00 horas comezará a presentación. O día 2 de xuño, no teatro nacional Carlos Alberto (TECA) de Porto, presentaremos novamente Corpos Disidentes, e xa para pechar a nosa andaina polo festival o día 6 volveremos ao mesmo teatro a presentar 4.48 Psicose. Destas dúas actuacións centrais xa se venderon neste momento varias decenas de billetes.
Desde o portal de NUT ofreceremos máis información sobre a nosa presenza no FITEI.

Máis información de NUT no FITEI:
- Publico.
- JPN.
- El Correo Gallego.
- Porto Vivo.
- A nosa terra.
- Cultura galega.
- Artez Blai.
- Ficha de Corpos no FITEI.
- Ficha de 4.48 Psicose no FITEI.

Durante os días 9 e 10 de maio NUT TEATRO ofrecerá no Centro de Arte Contemporáneo de Huarte (Navarra), un espectáculo perfomático baseado en Corpos Disidentes. Esta nova proposta, será o punto de partida dunha liña artística que tentaremos levar por moitos outros centros de creación contemporánea. Con esta iniciativa a compañía quere ampliar a súa rede de exhibición, propoñendo así unha mestura total entre novos códigos de creación en espazos contemporáneos. O Centro de Arte Contemporánea de Huarte foi aberto en outubro de 2007, e desde entón é o único espazo cultural de Navarra concebido especificamente para exposicións e actividades relacionadas tanto coa arte contemporánea, con atención preferente cara o emerxente da escena internacional, como coa creación máis actual. O Centro fixa a súa mirada nos artistas denominados “fronteira”, creadores cunha linguaxe propia.

Despois da pre-estrea o ano pasado na Sala Nasa, o día 12 de decembro, e as funcións deste ano no Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol e nas salas alternativas máis importantes do país, Sala Nasa e Sala Ensalle, xa van 15 presentacións da última creación de NUT TEATRO. A resposta do público foi moi positiva especialmente na cidade compostelana, na que se encheu sistemáticamente a NASA. O ratio global de espectadores por función foi de 60 persoas. A próxima parada de A mirada de Pier terá lugar este venres na sala principal do Auditorio Municipal de Ourense ás 20.00 horas.

A mirada de Pier pasea polo país

26 Feb 2008 En: Sin categoria

A última creación de NUT TEATRO ven de iniciar unha pequena xira desde o pasado xoves, no que máis de 140 persoas asistiron á presentación que tivo lugar no auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra. Sen case tempo, o venres, sábado e domingo A mirada de Pier estivo na SALA NASA, onde encheu o aforo completo os dous primeiros días, e máis da metade das butacas o domingo.
Esta semana o espectáculo segue na NASA o xoves, venres e sábado ás 22.00 horas, e os dous fins de semana seguintes a próxima estación é a sala ensalle de Vigo.

Ligazóns de interese:
- Concello de Compostela.
- Galicia Hoxe. Reportaxe de Lupe Gómez.
- A nosa terra.

Sobre este blog

NUT TEATRO é unha compañía de teatro galega e contemporánea que, baseándose na formación común, no proceso realizado por cada integrante e nun discurso centrado nos debates artísticos actuais, abandona os códigos vellos para traballar dende/na contemporaneidade.

Flickr

    flickrRSS probably needs to be setup