O primeiro: saudade.

Despois, moitas ganas de traballar para poder voltar pronto.

Os nut pasamos uns días inolvidables no Carirí, ao noreste do Brasil.Tivemos a fortuna de poder participar na X MOSTRA SESC CARIRI DE CULTURA, unha mostra de artes escénicas, música, tradición oral, artes visuais, literatura, audiovisual…acontecida dende o 8 ao 15 de novembro en máis de 12 cidades da rexión do Ceará. Sen dúbida é un dos maiores festivais que se celebran no Brasil. Foi un pracer moi intenso para nós ficar todos eses días alá, coñecer tantas xentes do Brasil e de Portugal: A Barraca, A Piollín, Teatro Construçao, Teatro Independente, Grupo Físico de Teatro, Ricky, Andrea, Paula…moitos momentos, moitos nomes.
aaa-176-copia-copia.JPG
O estado do Ceará é unha das rexións máis pobres e esquecidas do Brasil, está lonxe do Río, de Bahía, de Sao Paulo…mais a acollida foi moi sorprendente para nós, tanto pola organización da mostra coma polo público. Moitas persoas achegáronse a nós días despois de presentar A mirada de Pier para nos felicitar e para agradecer a presencia na mostra dun espectáculo que fala así do desexo, da muller, da sexualidade, da identidade… pois no Brasil existen moitos tabúes ao respecto, aínda que nun principio poida parecer o contrario.
Algunhas persoas tapaban os ollos para non ver, case sempre mulleres, outras gustaron de ver todo, outras marcharon…coma en todas as partes do mundo hai reaccións para todo, e hai moitas batallas por conquistar.
A nosa está en marcha, imos para alá…
aaa-126-copia-copia.JPG

Na nosa viaxe houbo unha persoa moi especial coa que desexamos ter a fortuna de continuar viaxando: Diana.
Obrigados por todo o que fas por nós.