O día a día dunha compañía de teatro
O 27 de Marzo, Día Internacional do Teatro, os Nut actuamos en Estarreja, pequena vila situada entre Aveiro e Porto. Esta é unha das funcións conseguidas durante a pasada celebración da Feira Galega das Artes Escénicas 2009, onde tivemos a oportunidade de coñecer mellor a Pedro Gonçalves, programador do Cine Teatro de Estarreja, que xunto [...]
Gran fin de semana para NUT, a estrea de Wake Up no FITEI foi todo un éxito. O teatro estaba cheo os dous días, e a xente gustou moito do espectáculo.
Mañá, mércores 9 de xuño do 2009, temos unha nova oportunidade de achegar o noso traballo a xente, no Centro Cultural Jose Figueirido de Muita [...]
Pouco máis dun mes despois da estrea no Teatro Principal de Compostela, da nosa primeira montaxe “Corpos disidentes”, ve a luz a segunda montaxe da compañía, “4.48 psicose”. Neste caso, a estrea terá lugar na Sala Nasa, e prolongarase con varias funcións toda esta semana.
O carácter novidoso ven marcado tanto pola elección da autora, [...]
Esta mañá presentamos en rolda de prensa a que será a estrea de Corpos Disidentes no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Na súa intervención, o concelleiro de Cultura, Néstor Rego, resaltou a importancia da aparición dunha nova compañía de teatro contemporáneo en Compostela.Pola nosa parte, demos conta das liñas básicas do espectáculo que se [...]
NUT TEATRO é unha compañía de teatro galega e contemporánea que, baseándose na formación común, no proceso realizado por cada integrante e nun discurso centrado nos debates artísticos actuais, abandona os códigos vellos para traballar dende/na contemporaneidade.